BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 3 de febrero de 2013

CLARA PEETERS (Parte I)


   Clara Peeters é unha artista de cuxa vida non se coñece case nada. Pouco sabemos dela, máis que foi unha pintora flamenca que traballou no xénero do bodegón. Nun rexistro de bautismos de Anveres do ano 1594 figura o seu nome e, se de feito tratásese da mesma, significaría que xa pintaba de maneira profesional á idade de doce ou trece anos, o que con toda probabilidade non é certo, aínda que si temos noticia dunha obra súa feita aos 14 anos. Especializada no xénero do bodegón, en particular como autora de escenas de almorzo e florais nas que obxectos de metal ou cerámica disponse de forma sinxela xunto a flores, froitos e pezas de pesca ou caza, e posúe unha técnica admirábel.

 
Bodegón con peixe e gato.1611
 
Si sabemos que foi filla de Jan Peeters e que naceu en Anveres onde consta a súa bautizo o 15 de maio de 1594. Foi unha artista precoz, datándose a súa primeira obra coñecida en 1608, cando tiña catorce anos de idade. Non coñecemos nada con respecto a súa formación como pintora, aínda que ten un estilo semellante ao de   Osias Beert e parece que tivo estancias en Ámsterdam e A Haia que non puideron ser documentadas, aínda que ten influencias dos bodegonistas holandeses. En 1639 contraeu matrimonio en Anveres, pero non abandonou por completo a pintura, pois a última das súas pinturas asinadas, actualmente perdida, está datada no ano 1657. Descoñécense  as circunstancias da súa norte no ano 1657.
 
 
Flores e cálices. 1612
 

                             




No hay comentarios:

Publicar un comentario