BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 20 de enero de 2013

TRABALLOS EN ÓLEO E TÉCNICA MIXTA

 
                                                          Óleo sobre papel.2013

  Este é un dos meus últimos traballos, unha serie que curiosamente aínda non ten nome, algo raro nos meus traballos, pois sempre teño o título da serie antes de empezala. Será quizais porque neste momento estou a traballar en dous frentes ao mesmo tempo. Hai nesas pezas, de pequeno tamaño, asemade de xogo, de divertimento, influencia e admiración a partes iguais dos “campos de cor” de Rotkho, das acuarelas enigmáticas de Nolde e das paisaxes de Turner, e hai tamén experimentación no xogo cos materiais, no emprego da técnica tradicional do óleo, nunha sucesión longa de veladuras, que mixturo coas técnicas mixtas e co lápis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario