BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 13 de enero de 2013

FRIDA KAHLO (Parte VIII)

Frida se autorretrata para ocupar un baleiro, un NON-SER, como afirmación da súa existencia. O seu corpo é un campo de batalla, no que se autoafirmar, mentres que en ocasións aparece como o mito da Deusa, que morre ao parir. A súa obra permanece allea á teorización surrealista sobre a muller (formas afiadas e espiñentas e busca da musa femenina) que construía a muller como obxecto e lugar máxico no que proxectaban o seu erótico desexo viril e volvéronse cara á súa propia realidade, na que conflúen arte e vida. Existe na súa obra unha dualidade marcada por un personaxe externo constantemente reinventado mediante o vestido e o adorno e unha imaxe interna chea de dor, que confiren ás súas pinturas unha complexidade obsesiva e unha narración pertubadoras. A artista emprega a súa pintura para explorar a realidade do seu propio corpo e a conciencia desa realidade, e debido a súa imposibilidade para ser nai, recolle visións da maternidade pouco positivas, en obras como O hospital Henry Ford e O meu nacemento. Áinda así, identifica a muller coa natureza e dota á feminidade coas súas facetas instintivas(maternidade), enigmáticas, sexuais e destrutivas.
A columna rota.1944. Cando empeorou o seu estado de saúde e viuse obrigada a levar corsé de aceiro, Frida Kahlo pintou este autorretrato en 1944. Unha columna jónica con diversas fracturas simboliza a súa columna vertebral ferida. A rasgadura do seu corpo e os e os surcos do yermo paisaxe gretada, convértense en metáfora da dor e soidade da artista.
O abrazo de amor do universo, a terra (México) 1949. Frida Kahlo comportábase a miúdo como unha nai ante o seu marido e aseguraba que as mulleres en xeral e "entre todas elas -EU- quixese simepre telo en brazos como ao seu neno recentemente nado". O cadro contén, ademais, moitos elementos da vella mitología mexicana: o día e a noite, o sol e a lúa, a deusa da terra Cihuacoatl. Tamén o can Itzcuintli é, separadamente dunha das súas mascotas preferidas, unha representación da figura mitológica con forma de can Xólotl, o gardián do mundo dos mortos. Nas súas obras aparece unha equivalencia simbólica entre sacrificio-maternidade. A muller azteca (reafirma a súa pertenza a esta etnia) está poseida pola nai terra, todo se subordina aos poderes femininos da terra. Hai unha percepción do escuro respecto aos ciclos da vida, que aparece en moitas das súas obras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario