BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 7 de enero de 2013

FRIDA KAHLO (Parte V)

En Outubro de 1938 Frida viaxa a Nova Yorke para preparar a súa exposición na Galería de Julien Levy. O ano anterior participara nunha exposición colectiva en México, pero esta exposición sería a primeira en solitario. O poeta e ensaísta do surrealismo André Bretón cualifica a súa obra de surrealista nun ensaio que escribe para esta exposición de Kahlo. Non obstante, ela mesma declara máis tarde: "Crían que eu era surrealista, pero non o era. Nunca pintei os meus soños. Pintei a miña propia realidade". En 1939 expón en París na galería Renón et Collea grazas a Bretón. A súa estanza na capital francesa levouna a relacionarse co pintor malagueño Picasso e a aparecer na portada do Vogue francés. Por entón Frida era coñecida no mundo enteiro.
O que vin na auga ou O que a auga me deu.1938 Este cadro é un traballo simbólico que expón moitos acontecementos da vida da artista e recorre a numerosos elementos doutros traballos. Frihda Kahlo desenvolveu unha linguaxe pictórico propio. Aínda cando moitos dos seus traballos conteñen elementos fantásticos e surreales, non se deben de identificar como surrealistas, pois en ningún deles desprendeuse por completo da realidade.
Autorretrato, “The Frame”.1938 En 1939 tivo lugar a exposición, organizada por André Breton, "Mexique", onde se expoñían pinturas mexicanas, esculturas, fotografías e obxectos de arte popular. Tambien estaba exposto este autorretrato, que foi adquirido polo Louvre, sendo o primeiro cadro dun artista mexicano deste século en entrar no museo. Rivera estaba moi orgulloso deste honor e a miúdo poñíase nostálxico ao recordar o éxito da súa muller en París. O retrato e o fondo azul están pintados sobre un panel de aluminio. Os ornamentos florales que o enmarcan e as dúas aves están pintados sobre cristal e colocados sobre o retrato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario