BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 14 de enero de 2013

FRIDA KAHLO (Parte IX)


Diego e eu.1949. Frida Kahlo pintou este autorretrato pola época en que Rivera tivo unha relación amorosa coa estrela de cine María Féliz, o que conxurou un escándalo público. O rostro representado mira ao espectador con mirada triste. Os longos cabelos enredáronse no seu pescozo e ameazan con estrangulala. Unha vez máis, os cabelos son o medio expresivo da dor do alma. O retrato foi pintado para a parella florence Arquin e Sam Williams, amigos seus.

  Na primavera de 1953 a Galería de Arte Contemporánea desta mesma cidade organizoulle, por primeira vez, unha importante exposición. A saúde de Frida era moi mala por entón e os médicos prohibíronlle asistir esta. Minutos despois de que todos os convidados se atopasen no interior da galería empezáronse a oír sirenas dende o exterior. A multitude toleada dirixiuse ao exterior, alí estaba unha ambulancia acompañada dunha escolta en motocicleta. Frida Kahlo fora levada á súa exposición nunha cama de hospital. Os fotógrafos e os xornalistas quedaron impresionados. Ela foi colocada no centro da galería. A multitude foi saudala. Frida contou chistes, cantou e bebeu a tarde enteira. Ese mesmo ano lle tiveron que amputar a perna por debaixo do xeonllo debido a unha infección de gangrena. Isto a sumió nunha grande depresión que a levou a intentar o suicidio nun par de ocasións. Durante ese tempo, debido a que non podía facer moito, escribía poemas nos seus diarios, a maioría relacionados coa dor e remordemento. Aínda así, realizou no mesmo ano da súa morte, varios bodegóns de froitas que semellan unha exaltación da vida.


 
                                                              Viva a vida.1954

  Frida morreu en Coyoacán o 13 de xullo de 1954. Non se realizou ningunha autopsia. Foi velada no Pazo de Belas Artes da Cidade de México e o seu féretro foi cuberto coa bandeira do Partido Comunista mexicano, un feito que foi moi criticado por toda a prensa nacional. O seu corpo foi incinerado e as súas cinzas albérgaas a Casa Azul de Coyoacán, lugar que a viu nacer e que catro anos despois da súa morte, convertesuse no MUSEO FRIDA KHALO. As súas últimas palabras no seu diario foron: "Espero que a marcha sexa feliz e espero non volver xamais".

Enlaces sobre Frida: http://www.andgio.org/frida/index.html http://www.fridakahlofans.com/biospanish.html http://es.wikipedia.org/wiki/Frida_Kahlo http://www.fkahlo.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario