BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 9 de diciembre de 2012

ELIZABETH SIDDALL (Parte IV)


 Nacida o 25 de xullo de 1829, no seo duhna familia comerciante, Elisabeth, aínda que non se ten constancia de que asistira á escola, sabe ler e escribir, polo que supónse que os seus país a ensinaron, desenvolve un amor pola poesía e pola cultura en xeral, logo de ler un poema de Alfred Tennyson, que ao parecer, fora usado para envolver un anaco de mantequilla, descubrimento que inspiró a artista a escribir poesía. Descrita por William Michel Rossetti, como “unha das máis fermosas criaturas, cun aire de dignidade e dozura cun algo que excedía a modestia e a autoestima e posuía una desdeñosa reserva…de tez brillante e un espléndido, groso e abundante cabelo ouro-cobrizo”, Lizzi, comeza como modelo dun xeito amable, tendo en conta o tenebroso mundo das modelos na época, (pois xeralmente eran mulleres pobres ou prostitutas as que posaban para os artistas do grupo) e traballando ao mesmo tempo na sombrerería da dona Tozer’s.
 Será posando para o maravilloso cadro  “Ophelia morta” de Jhon Everett Millais cando comece a quebrarse a súa delicada saúde. Sidall foi colocada completamente vestida  flotando nunha bañeira con auga para representar o momento da morte da heroína de Hamelt, no inverno do ano 1852. Millais colocou baixo a bañeira velas para a agua conservárase quente, pero nunha ocasión, embebido no seu traballo, as velas apagáronse e a auga quedou xiada lentamente. Lizzi non queixouse, polo que tras  o incidente enfermou gravemente parece que de neumonía, (aínda que algún estudiosos falan de tuberculose) o que a levou case á morte, incidente que aproveitou o seu pai, quen obrigou ao artista a pagar unha indemnización, e que levouna a pasar longas tempadas en balnearios acompañada por Rossetti.


                                                     Estudio para Ofelia de Millais.1852


 Tras a súa enfermidade, Lizzi alumna de Rossetti, escomenza a pintar e debuxar, e realiza diversas obras e mesmo un autorretrato, no que móstrase a si mesma non coma una beleza flotante, ao xeito de Rossetti, idealizada según os seus patróns e o cánon establecido polo grupo prerraphaelita, senon dun xeito real, de muller libre a quen Ruskin merca a partir do ano 1855 todos os debuxos realizados por ela por 150 libras ao ano, axudándoa tamén deste xeito a mercar os medicamentos que necesitaba para a súa precaria saúde. De feito Rossetti a debuxa en varias ocasión pintando ou debuxando o que reforza a súa relación de mestre-alumna, ata que no ano 1858, Lizzi enferma gravemente e ten que deixar de pintar.
 

                                    Lamento das donas na Balada de Sir Patrick Spens. 1856
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario