BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 4 de diciembre de 2012

ELIZABETH SIDDALL (Parte I)


                                                    Retrato de Elizabeth por Rossetti, 1865

 
 Elizabeth Siddall (1834-1862), pertence por dereito propio a Irmandade Prerraphaelita, grupo de artistas ingleses que forman una asociación no ano 1848, para achar a simplicidade e a beleza do mundo medieval, como reacción ao arte inglés do momento e o materialismo xurdido da industrialización. De carácter romántico, este movemento volta a ollada aos artistas anteriores a Rafael Sanzio, artista italiano do século XV, e desprezan a todo o arte posterior. Todos os pintores do Quattrocento como Piero della Francesca, Mantegna, Massacio e Ghirlandaio, son admirados e imitados, nareivindición dunha nova visión da natureza e un regreso á inocencia estética de artistas como Fra Angelico e o seu discípulo Benozzo Bozzoli, así como de Botticelli.
 Os Prerrafaelitas van na busca do sentimento, da éxtase e o misticismo, no rostro das súas figuras e no trazado poético da liña. Ao mesmo tempo fan una protesta contra a frivolidade e a opresión académica que neses anos imperaba en Inglaterra, e publican unha revista, The Germ (co subtítulo “Pensamentos en pro da Natureza en Poesía, literatura e Arte”), que tan só tivo catro números.


                                                  Dous amantes . 1850





No hay comentarios:

Publicar un comentario