BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 3 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA


 Prantexo un xogo: trátase de  atopar unha obra a partir de distintas pistas sobre un artista ou unha creadora: falareivos de moitas particularidades da obra e presentarei a traxectoria e evolución estilística e estética do creador, (de quen non direi o nome) ata chegar a unha das súas mellores obras. Cando atopemos a quen buscamos, falaremos dunha das súas obras con respecto: a composición, o tamaño, o formato, o emprego da cor e o seu estilo.
 Para este xogo iremos paso a paso, e en cada un deles darei pistas para que investiguedes, e a partir da busca de datos, atopedes ao artista. En cada pista, propoño unha ou  dúas actividades, na chamada Proposta do día, relacionada co que vos conto.
 Hai algo Fundamental, e do que xa vos falei na aula: Non podedes en ningún momento desvelar o nome do artista ou creadora. O que si podedes é dar pistas ao resto do alumnado, ou ben prantexar preguntas e falar dos resultados das vosas pesquisas.





PISTA 1: Presentación. Imaxino que xa adivinariades o xénero: trátase dun artista masculino.
  O artista a descubrir, era un home intelectual, pensador e moi cultivado. Amaba a música e a literatura e interesáballe moito a filosofía, sobre todo Nietzsche, así como a mitoloxía grega. Según as súas amizades, era unha persoa difícil e susceptible, que aínda así podía mostrar unha entrega e un afecto totais. Movíase nos círculos intelectuais do seu país de adopción, e formou parte dun importante grupo de artistas.


Proposta do día: Busca artistas de índole intelectual, que sexan introvertidos e que sexan pintores.

11 comentarios:

  1. ¿LE GUSTABA PINTAR EN SUS INICIOS FIGURAS MITOLÓGICAS?.

    ResponderEliminar
  2. Pertenece a un grupo de artistas expresionistas..?¿
    lo de introvertido despista un poquejo..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, tiene relación con un grupo expresionista, otra cosa es que el se considere un expresionista.

      Eliminar
  3. ¿Procedente del este de Europa? Su traba jo tiene relación con el número diez?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Procede dun país europeo que queres dicir con respecto ao número dez? Que numeraba as súas obras?

      Eliminar
    2. Non.Refírome o número de artistas que formaron un grupo

      Eliminar
    3. Era un grupo moi variado, pero si, eran dez artistas que conformaron un grupo disidente.

      Eliminar
    4. Cabaleiro ¿naceu en Letonia-Rusia?

      Eliminar
    5. Si, e parece ser que as vivencias da súa nenez tiveron repercusión na súa obra de madurez.

      Eliminar