BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 19 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte IX)


  PECHE
  Si, o artista en cuestión é Mark Rothko.

 Para finalizar imos falar dunha obra en particular, unha obra emblemática “Laranxa, bermello e amarelo”, do ano 1961. Esta obra foi adquirida por David Pincus por 66 millóns de euros, é o cadro situado no posto seis no ranking das obras máis caras, tras pinturas tan emblemáticas como “O berro” de Much, tres obras de Picasso (entre as que atópaso “O rapaz da Pipa”) e o “Retrato de Adele” de Gustav Klimt.  

 
                S/T (Laranxa,bermello e amarelo). 1961
Preguntas a contestar: Que é o que máis te gosta desta última obra? Qué formato emprega? A partir de que cores e e figuras xeométricas organiza o espazo pictórico? A que tipo de estilo ou tendencia artística pertence Rothko?
 RECAPITULEMOS:
Na obra “Laranxa, bermello e amarelo”, do ano 1961, podemos falar de varios aspectos fundamentais:
-O formato
 Punto  de partida da composición, en relación a un estilo ou “ismo”. Parece que o emprego do formato vertical, ven dado polos recordos da infancia do artista e ten un componente espiritual, pois nos lembra ás tumbas.
-Composición
Composto por tres rectángulos e tres cores, que reflicte emocións como a éxtase ou a traxedia. Os cadros producen no espectador receptivo un sentido do etéreo e un estado de contemplación espiritual.
-Tamaño
De gran formato, pois mide 236’2 x 206’4 cm, a idea do artista é que este formato envolvente sirva para involucrarse co elemento  humano. Tenta acadar un estado de intimidade que acolla e  envolva ao espectador. Para o artista os formatos grandes son como dramas nos que un participa de forma directa.
-A cor
Pinta sobre un lenzo non traballado, como un escenógrafo, e aplica unha fina capa de cola misturada con pigmentos. Logo fixaba dita base con cores ao óleo que percorrían os bordes do marco. Sobre esa base aplicaba as súas capas de cor, tan diluidas que as partículas de pigmento case non quedaban adheridas á superficie. Cada capa era aplicada con rapidez e un trazo lixeiro.
-O seu estilo
O artista traballa en campos de cor, tres cores cálidos e ardentes, puros, é dicir moi saturados, en bermello sobre un fondo carmesí lavado. Os estratos de pintura deixan de ser formas para converterse nunha “luz interna”.
Traballa con cores puros, sobre todo o  bermello, que ten unha dramática relación con elementos como a lume, o  sangue, o ritual e a morte. Fuxindo das etiquetas, non considérase un artista abstracto, pois para el abstracción non era un estilo, senon a forma de devolverlle á pintura o seu antigo sentido de asombro e temor.
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario