BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 6 de diciembre de 2012

ELIZABETH SIDDALL (Parte II)


 
A busca do Santo Grial. 1854
 
 Adoptando as siglas P.R.B (Pre-Rafaelite Brotherhood) os componentes da irmandade prerrafaelita, se caracterizan por estar movidos tanto pola literatura como pola pintura e inicialmente foi formada por artistas masculinos como Dante-Gabriel Rosetti, John Everett Millais, Holman Hunt e Madox Brown, aos que posteriormente uniríanse Elisabeth Siddall (a quen Rosetti eliminou a última ele do apelido) e  William Morris, entre outros, máis será Rossetti, quen lidere o grupo, poeta ao mesmo tempo que pintor, polo que non é extraño que as primeiras manifestacións do grupo se vinculen tamén polo sendero do lirismo literario, algo que fará tamén Elizabeth.
 Os temas elexidos polos prerrafaelitas, son o sentimento relixioso, (se ben é verdade que unido a un erotismo moi evidente), o mundo medieval, (sobre todo ao relacionado co mito artúrico), así como o tema clásico, como pretexto para pintar una serie de retratos de enigmáticas mulleres, como as que Rosetti que realizou na década de 1860, "mujeres de belleza particular",  como sinalou Finaldi e que permitiron acuñar o térmo de "belleza prerrafaelita".


 
 Amantes escoitando música. 1853

 Os fundamentos artísticos dos prerrafaelitas, grupo ao que pertence estéticamente Elizabeth, céntranse no seu propósito de traballar en “temas serios” baseados no estudio e a fidelidade absoluta na natureza, a partir do uso da liña fina e dura que conforma as súas figuras, nas que o debuxo predomina sobre a cor, cunha precisión do detalle case fotográfica, e na ausencia do claroscuro, a textura lisa e a recorrencia a elementos simbólicos.
 Curiosamente a obra que mellor representa a esencia prerrafaelita, é “Ofelia morta” de Millais, para a que Elizabeth posou como modelo; obra na que a importancia dos fondos, o emprego das cores frías, e a postura da rapaza, quen abre a mirada ata os setos e flores da charca do fondo, foi algo inusual na pintura do momento, en canto ao tratamento minuciosos dos fondos, que xeralmente quedaban menos definidos, polo que esta obra é a icona, que mellor representa ao grupo.
 


                        Ofelia morta , de Millais, obra para a que Lizzi, posou  como modelo.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario