BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 29 de diciembre de 2012

FRIDA KAHLO (Parte II)

A Frida interesábanlle as ciencias naturais, bioloxía e anatomía, e desexaba ser médico. Na escola era membro dun grupo alcumado "Os cachuchas", que identificábanse cunha gorra de traficante. Era un grupo interesado na literatura e con ideas social nacionalistas. Foi precisamente nesta escola onde entraría en contacto co seu futuro marido, o coñecido muralista mexicano Diego Rivera, a quen lle fora encargado pintar un mural no auditorio da escola. En 1925 aprendeu a técnica do gravado con Fernando Fernández Domínguez. O día 17 de setembro dese mesmo ano un accidente de tranvía deixouna con lesións permanentes debido a que a súa columna vertebral quedou fracturada e case rota, así como diversas costelas, colo e a pelve, o seu pé dereito dislocou quedando machucado, o seu ombro se descoyuntó e un pasamáns atravesoulle o ventre, introducíndoselle polo costado esquerdo. A medicina do seu tempo torturouna con operacións cirúrxicas (32 ao longo de toda a súa vida), corpiños de distintos tipos e diversos mecanismos de "estiramento". O aburrimento que provocaba a súa prostración levouna a empezar a pintar: en 1926, aínda na súa convalecencia, pintou o seu primeiro autorretrato, o primeiro dunha longa serie na cal expresará os eventos da súa vida e as súas reacións emocionais ante estes.
Autorretrato con vestido de terciopelo. 1926. Este autorretrato constitúe o primeiro cadro profesional da artista. O cadro é un agasallo para o seu amante Alejandro Gómez Arias, que a abandonou e a quen pretendía recuperar desta forma. O digno retrato aristocrático reflicte o interese de Frida Kahlo pola pintura italiana do Renacimiento, pois o pescozo, extremadamente longo, recorda representacións de artistas manieristas como Parmigianino ou doutros do século XX como Amadeo Modigliani.
Ó camión.1929. Esta obra reflicte o interese de Frida pola representación das clases populares e do tema social en paralelo coa pintura muralista de Rivera, tamén de tema social e revolucionario. Pinta arquetipos da sociedade mexicana sentados nun banco mentres agardan o aotobús: unha ama de casa, un obreiro, unha muller indíxena dándolle o peito ao seu fillo, un rapaz, un burgués e unha muller nova cun gran parecido coa artista.

viernes, 28 de diciembre de 2012

FRIDA KAHLO (Parte I)

Frida naceu en Coyoacán, ao sur da Cidade de México, o 6 de xullo do 1907. A pesar diso, Frida dicía nacer en 1910, ano do inicio da Revolución Mexicana: "Nacín coa Revolución", porque quería que a súa vida comezase co México moderno. Este detalle móstranos a súa singular personalidade, caracterizada dende a súa infancia por un profundo sentido da independencia e a rebeldía contra os hábitos sociais e morais ordinarios, movida pola paixón e a sensualidade. Orgullosa do seu mexicanidade e da súa tradición cultural, enfrontouse á reinante penetración dos costumes estadounidenses, todo iso mesturado cun peculiar sentido do humor. Frida foi a terceira filla de Guillermo Kahlo, fotógrafo de orixe xermano-húngaro, coa súa segunda esposa, a mexicana Matilde Calderón e González, de ascendencia española e indíxena de relixión católica. A súa vida quedou marcada polo sufrimento físico que comezou coa poliomielitis que contraeu en 1913 e continuou con diversas enfermidades, lesións, accidentes e operacións. Esta primeira enfermidade deixoulle unha secuela permanente: a perna dereita moito máis delgada que a esquerda. En 1922 entrou na Escola Nacional Preparatoria de Cidade de México, a máis prestixiosa institución educativa de México, a cal empezaba por primeira vez a admitir rapazas como alumnas. O seu pai, fotógrafo de profesión, ensínolle a utilizar a cámara, revelar, retocar e colorear, o cal seríalle útil para a súa obra.
Retrato de Miguel Lira. 1927. A propia artista consideraba pouco logrado o retrato de Miguel N. Lira. No cadro, rodeou aos camaradas escolares de diversos símbolos da literatura e a poesía. A figura do anxo, que se pode interpretar como o Arcángel San Miguel, alude ao nome de Miguel, mentres que a lira representa o apelido. Nesta obra aparece xa a persoal e complicada inocografía da artista, con elementos en apariencia surrealistas, pero que son froito da súa experiencia vital

jueves, 27 de diciembre de 2012

A COVA DE CHAUVET


 A cova de Chauvet-Pont-d'Arc no sur de Francia perto dun acantilado de caliza sobre a antiga canale do río Ardèche, contén as máis antigas pinturas rupestres coñecidas, así como outras manifestacións da vida do Paleolítico Superior. Descuberta en 1994, é considerada unha das máis importantes da arte prehistórico. Sobre a base da datación por radiocarbono, a cova parece que estivo ocupada  durante dous períodos distintos: o Auriñaciense e o Gravetiense.
 A cova foi explorada por primeira vez o 18 de decembro de 1994 por un trío de espeleólogos: Éliette Brunel-Deschamps, Christian Hillaire e Jean-Marie Chauvet, de quen tomou o nome, quenes atoparon restos fosilizados de osos das cavernas, pegadas e marcas dunha variedade de animais, algúns dos cales extinguíronse, pinturas e probas de actividade humana.

 
 
                                                          
                                     Representacións de leones

 Unha das particularidades desta cova e que non só están representados animais relacionados coa caza como cabalos, bisontes ourenos, senón que aparecen tamén depredadores: leóns, panteras, osos, búhos e hienas.Tamén é moi interesante a aparición  dunha posible figura de "Venus" parcial, que pode representar as pernas e os genitales dunha muller. Tamén unha figura quimérica pode estar presente, que parece ter a parte inferior do corpo dunha muller coa parte superior do corpo dun bisonte. Asemade hai paneles de impresións de mans en ocre vermello realizados por soprado do pigmento, así como  símbolos abstractos, liñas e puntos, que atópanse por toda a cova. Tamén hai dúas imaxes non identificables que teñen unha vaga forma de bolboreta e pinturas que representan hongos máxicos, o que fala da posibilidade dunha cultura chamánica. Moitas das pinturas parecen ser feitas logo de raspar as paredes para deixalas libres de escombros e concreciones. Isto deixaba un superficie máis suave para que os artistas traballasen. Do mesmo xeito, unha aspecto tridimensional conséguese mediante a incisión ou gravado sobre os contornos dalgunhas figuras. Isto enfatiza visualmente algúns dos animais e permite que a luz das antorchas proxecte sombras sobre os bordos.
 
 
                                    Cabalos e bisontes.
 Na cova as súas pinturas presentan moitos interrogantes: arte chamánico ou arte máxico só para a caza? Existía alguén adicado só a arte, tendo en conta que as pegadas dun home dun metro oitenta de estatura cun dedo torcido aparecen por toda a  cova? Se aparece a representación parcial dunha muller nunha pedra, a arte estaba feita por mulleres con contido sacro?
Aquí tedes un enlace sobre o vídeo realizado por Werner Herzog "La cueva de los sueños olvidados".
 
http://www.youtube.com/watch?v=UNoM1me7ISc

miércoles, 19 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte IX)


  PECHE
  Si, o artista en cuestión é Mark Rothko.

 Para finalizar imos falar dunha obra en particular, unha obra emblemática “Laranxa, bermello e amarelo”, do ano 1961. Esta obra foi adquirida por David Pincus por 66 millóns de euros, é o cadro situado no posto seis no ranking das obras máis caras, tras pinturas tan emblemáticas como “O berro” de Much, tres obras de Picasso (entre as que atópaso “O rapaz da Pipa”) e o “Retrato de Adele” de Gustav Klimt.  

 
                S/T (Laranxa,bermello e amarelo). 1961
Preguntas a contestar: Que é o que máis te gosta desta última obra? Qué formato emprega? A partir de que cores e e figuras xeométricas organiza o espazo pictórico? A que tipo de estilo ou tendencia artística pertence Rothko?
 RECAPITULEMOS:
Na obra “Laranxa, bermello e amarelo”, do ano 1961, podemos falar de varios aspectos fundamentais:
-O formato
 Punto  de partida da composición, en relación a un estilo ou “ismo”. Parece que o emprego do formato vertical, ven dado polos recordos da infancia do artista e ten un componente espiritual, pois nos lembra ás tumbas.
-Composición
Composto por tres rectángulos e tres cores, que reflicte emocións como a éxtase ou a traxedia. Os cadros producen no espectador receptivo un sentido do etéreo e un estado de contemplación espiritual.
-Tamaño
De gran formato, pois mide 236’2 x 206’4 cm, a idea do artista é que este formato envolvente sirva para involucrarse co elemento  humano. Tenta acadar un estado de intimidade que acolla e  envolva ao espectador. Para o artista os formatos grandes son como dramas nos que un participa de forma directa.
-A cor
Pinta sobre un lenzo non traballado, como un escenógrafo, e aplica unha fina capa de cola misturada con pigmentos. Logo fixaba dita base con cores ao óleo que percorrían os bordes do marco. Sobre esa base aplicaba as súas capas de cor, tan diluidas que as partículas de pigmento case non quedaban adheridas á superficie. Cada capa era aplicada con rapidez e un trazo lixeiro.
-O seu estilo
O artista traballa en campos de cor, tres cores cálidos e ardentes, puros, é dicir moi saturados, en bermello sobre un fondo carmesí lavado. Os estratos de pintura deixan de ser formas para converterse nunha “luz interna”.
Traballa con cores puros, sobre todo o  bermello, que ten unha dramática relación con elementos como a lume, o  sangue, o ritual e a morte. Fuxindo das etiquetas, non considérase un artista abstracto, pois para el abstracción non era un estilo, senon a forma de devolverlle á pintura o seu antigo sentido de asombro e temor.
 
 
 
 
 
 

martes, 18 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte VIII)


PISTA 8: O camino encetado: O Misticismo. A época Clásica.  A partir do ano 1949, un ano despois da morte da súa nai, as formas desaparecen na obra do artista, para quedar reducidas a dúas ou tres formacións cromáticas de forma rectangular situadas simétricamente en capas superpostas. Amplia o formato das obras e separa os bordes da cor dos bordes para crear a impresión de que a cor flota sobre un fondo indeterminado.


     
S/T. 1949
 
 Hai tamén outros cambios: non utiliza marcos, nen pon títulos, pinta desde o ano 1949 á 1956 case  exclusivamente óleos, en cada fase creativa dominaban determinadas tonalidades, aínda que a maioría está pintada con bermello e amarelo, que transmite sensualidade e éxtase, e finalmente mesturaba as cores persoalmente.
 
S/T. 1959
 
Proposta do día: Que tipo de técnica emprega o artista para as transparencias?
Tema de debate sobre o que nos quere transmitir o artista: que medios emprega e para que os emprega?

domingo, 16 de diciembre de 2012

PEGADAS DE COR (Parte III)

PEGADAS DE COR on PhotoPeach

PEGADAS DE COR (Parte II)

PEGADAS DE COR (Parte II) on PhotoPeach

PEGADAS DE COR (Parte I)

PEGADAS DE COR (Parte I) on PhotoPeach

EXPOSICIÓN "PEGADAS DE COR"


   A exposición PEGADAS DE COR, recolle o traballo de parte do  alumnado de pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, nestes tres últimos meses do ano 2012. Son obras de pequeno formato sobre lenzo  e papel, en diversas técnicas: decalcografía, acrílico, óleo e técnicas mixtas, realizadas a partir de diversos bocetos preparatorios e dun traballo  exhaustivo de investigación tanto de técnicas como de diversos tipos de abstracción.
 Inaugurada o sábado 15 de nadal, a mostra pode verse a partir das 8 da tarde no Pub "La Huella", na rúa López de Neira nº 26, de xoves a sábado ata o mes de febreiro.
 

                                                       Público asistente á exposición


Obra sobre lenzo en acrílico e óleo de Perfeccionamento I e II
 

 
Outra visión do traballo anterior
 
 
Obra de Cheché Álvarez, técnica mixta sobre madeira
 
 
 Obras en óleo e acrílico sobre lenzo de Perfeccionamento I e II
 
 
Obra sobre lenzo en acrílico e óleo de Perfeccionamento I e II

 
Obra sobre lenzo en acrílico e óleo de Perfeccionamento I e II
 

                                        Obra sobre lenzo en acrílico de Perfeccionamento I
 
 
Técnica mixta sobre táboa de Marga Álvarez Román

 
Decalcomanías dos grupos de Perfeccionamento I
 

                                                     O alumnado facendo fotos as obras
 
 
 
 

ELIZABETH SIDDALL (Parte VI)


 Según algúns dos seus biógrafos, Lizzi ten una filla que morre ao nacer, e iso, máis os seus problemas con Rossetti a levan a inxerir láudano (parece que sofría anorexia e que foille recetado el láudano para curarse).
 Foi un suicidio? Ou en verdade a vence a enfermidade? A entrega de Lizzi a Rosseti, de personalidade contradictoria, que navegaba entre a extroversión o liderazgo e una tendencia a soidade e ao desequilibrio, parece que inflúe  na acusada melancolía da artista, e no seu concepto de perda. Porén, isto será una explicación case tradicional cando se fala do suicidio dunha artista: o desamor, a loucura. Non haberá quizais a mesma rabia creadora, o desespero por non acadar unha obra que a libere, una resposta as súas inquedanzas a que a leven ao suicidio? Se se tratase dun home artista, con toda probabilidade esa sería a explicación máis doada, no caso das mulleres, sempre se asocia o súa morte, querida e buscada, co desamor. Será esta una interrogante a investigar na vida dunha creadora descoñecida  polo público e coñecida só por ser unha das máis fermosas modelos da historia da arte: a Ofhelia, de cálidos e fermosos rasgos, de boca entreaberta que prefigura a súa propia morte na obra de Millais.

 

                                  Clerk Sanders. Acuarela.1857
 
 
 

 

sábado, 15 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte VII)


 

PISTA 7: As multiformas. No ano 1946, traballa en obras que marcan un punto de inflexión na súa andaina artística, desenvolvendo unha linguaxe visual cada vez máis abstracta e abandonando os temas e motivos anteriores,  acada obras nas que as formas transfórmanse en manchas de cor diluídas e multiformes a partir de superposicións de capas transparentes e finas sobre o lenzo, pero nas que latexa un alentó de vida.
 

                                                                        S/T.1946

Según as súas palabras eran: “Organismos con pasión pola autoafirmación”, pois otorgaba aos seus obxectos plásticos as propiedades dun ser vivo e deste modo convérteos en portadores de significado para as emocións básicas do ser humano.

                                                                  Número 9. 1948

Proposta do día: Como está configurada a cor, a partir de liñas xeométricas ou de campos de cor? Que tipo de técnicas emprega? Reflexiona sobre o xeito de dar as pinceladas e configurar as formas.

 

viernes, 14 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte VI)


PISTA 6: O impacto de Miró. Nesta década dos corenta visita o Metropolitam Museum e queda abraiado ante a obra de Corot, Miró e  sobre todo ante Matisse a súa obra “A habitación bermella” de 1908, da que afirmaría anos máis tarde sería a fonte de moitas das súas obras. “Un transfórmase na cor, empápase por completo do mesmo”, comentou o artista.
 

                                                     Matisse. A habitación bermella

 Proposta do día: Buscar a obra citada e falar da importancia da cor na proposta estética de Matisse.

jueves, 13 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Pista V)


 PISTA 5: Traballando sobre “O Mito”. Na década de 1940, ata o ano 1946, realiza obras nas que a mitoloxía –sobretodo a grega- está moi presente. Porén, a elección de temas mitolóxicos enténdese coma un intento de dar resposta a cuestión universais. Neses anos, o artista profundiza  na interpetación dos soños de Freud e as teorías de Jung sobre o inconsciente colectivo e fai lecturas sobre os filósofos gregos, quedando fascinado con Platón.

 Buscaba cadros, para o  que o pintor denominaba “o espíritu do mito”, pois non indagaba en temas helenísticos ou cristiás, senon nas raigames emocionais, na natureza mesma do mito, que exerce a súa influencia por encima das culturas. Nas súas obras destes anos pode rastrearse o misticismo que será a base da súa proposta pictórica en anos posteriores, e asimesmo a busca da unión entre surrealismo e abstracción.

 
Proposta do día: O Surrealismo. Comparanza entre as obras presentadas e outras de artistas surrealistas coñecidos por ti, similitudes e diferencias.

 

 

miércoles, 12 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte IV)


 
Metro. 1937
 
PISTA 4: O seu camiño á abstracción. Durante a década dos anos 30, da clases de pintura e modelado a nenos e nenas, participa en diversas exposicións, e forma parte de grupos de artistas con inquedanzas semellantes as súas.
 Nas súas obras destes anos, posúe un punto de vista pictórico totalmente urbán, evocando a luz da gran cidade e o espazo metropolitano, nas que adivíñase que os elementos xeométricos e arquitectónicos van camino da abstracción.

                                                      Entrada ao subterráneo. 1938

  Coas obras sobre “o metro” tentaba abordar a soidade e o aillamento que caracterizan a vida do home moderno na cidade. A súa propia historia –de marxinado e emigrante xudeu- a súa melancolía, a depresión e o dominio do seu destiño, eran temas que atopábanse na súa proposta estética nese momento. Ese espazo subterráneo é coma un espazo metafórico do inframundo, que anticipa a súa proposta surrealista da década de 1940.

Proposta do día: Atopas nas dúas obras algún tipo de construcción do espazo? A partir de que configurase o lugar onde se moven as figuras? Existen liñas que organicen o cadro?

ELIZABETH SIDDALL (Parte V)


 Liberada e independente, a artista realiza un cadro -un autorretrato- e diversos debuxos e acuarelas en composicións ao xeito prerrafaelita, de temas medievais e do mito artúrico idealizados, en obras dunha gran personalidade e impronta misteriosa, polo que está directamente vinculada ao grupo, algo acreditado tamén na súa participación nunha exposición do grupo. Resulta curioso, que Siddal non se considerara fermosa, segundo as directrices do grupo e pintou unha versión moito máis realista de sí mesma que alonxábase da visión idealizada dos seus compañeiros prerrafaelitas. Deste xeito, a artista racha cos moldes que perpetúan a desigualdade, e reflexiona sobre a súa propia identidade, aínda que sigue unida a Rossetti e posando para el, como modelo ata a súa morte.

 Casa con Dante Gabriel Rossetti, no ano 1860, tras varios anos de relación, quen a pinta constantemente, excluíndo así as outras modelos e evitando tamén que posara para os demais membros do grupo desde o ano 1852, e que culmina co último retrato que realiza de Lizzi, con “Beata Beatrix”, obra que realiza no ano 1863, un ano despois da morte da artista. Máis será a partir do alonxamento de Ruskin, quen deixa de patrocinar a súa obra e da acitude  Rossetti, que parece ser que toma a outras modelos como amantes, que Lizzi escribe poesía. Entroncada coa poesía romántica, a poetisa escribe sobre o desamor e o vampirismo en poemas nos que parece recrear a súa tormentosa relación con Rossetti, e retoma os temas tan queridos polos  románticos como a árbore, a sombra e a morte, en poemas profundamente melancólicos e tristes, dentro tamén da esfera do xénero gótico, pero que capturan a  súa anguria, a desesperación, a alienación e ao mesmo tempo unha certa rabia e orgullo. A necesidade creativa de Siddall, se desvincula así das mulleres sometidas ao creador, usadas como modelo nese doble estatus de muller e musa, percibida como un suxeito pasivo, fermoso e sensual, tamén nos 15 poemas escritos por ela parece que na última etapa da súa curta vida, que o seu cuñado William Michael Rossetti, consegue imprimir no ano 1906. Poemas que no ano 1978, Roger C. Lewis e Mark Samuels Lasner, recollen e publican tras máis dun século de esquecemento, apuntando que aínda que cortos de técnica posúen unha singular calidade.
 

                                                                 Dona Clara.1857

  Morta o 11 de febrero do anho 1861, según algúns de forma accidental, aínda que os rumores  apuntan a posibilidade do seu suicidio, pois atópase ao parecer unha nota da artista que din: “A miña vida é tan miserable, que non quero seguir con ela”, a súa historia non remata coa súa morte.
 Rossetti, nun acto romántico escondeu nos seus cabelos os manuscritos dos poemas que escribirá para ela, no cemiterio de Highgate de Londres, para sete anos mais tarde, afundida a súa carrera e desesperado, o seu axente convenceuno para que recuperara os seus poemas. Agora a historia forma parte da lenda, e dado o permiso de exhumación, esta fíxose pola noite para non perturbar o espazo mortuorio e á luz das teas, escavouse a tumba e abriron o cadaleito, atopando os poemas enguedellados nos longos e vermellos cabelos de Lizzi, que crecerán aínda máis tras a súa morte enchendo case o cadaleito, mentres o corpo aparecía perfectamente conservado, e intacta a súa beleza. Tamén según a lenda parece que o seu home non puido asistir a exhumación, nos que se rescataron os sonetos que posteriormente sairían ao prelo co título de The house of life.


 
 
Pippa passes. Ilustración dunha obra de Browning's.1854


 

domingo, 9 de diciembre de 2012

ELIZABETH SIDDALL (Parte IV)


 Nacida o 25 de xullo de 1829, no seo duhna familia comerciante, Elisabeth, aínda que non se ten constancia de que asistira á escola, sabe ler e escribir, polo que supónse que os seus país a ensinaron, desenvolve un amor pola poesía e pola cultura en xeral, logo de ler un poema de Alfred Tennyson, que ao parecer, fora usado para envolver un anaco de mantequilla, descubrimento que inspiró a artista a escribir poesía. Descrita por William Michel Rossetti, como “unha das máis fermosas criaturas, cun aire de dignidade e dozura cun algo que excedía a modestia e a autoestima e posuía una desdeñosa reserva…de tez brillante e un espléndido, groso e abundante cabelo ouro-cobrizo”, Lizzi, comeza como modelo dun xeito amable, tendo en conta o tenebroso mundo das modelos na época, (pois xeralmente eran mulleres pobres ou prostitutas as que posaban para os artistas do grupo) e traballando ao mesmo tempo na sombrerería da dona Tozer’s.
 Será posando para o maravilloso cadro  “Ophelia morta” de Jhon Everett Millais cando comece a quebrarse a súa delicada saúde. Sidall foi colocada completamente vestida  flotando nunha bañeira con auga para representar o momento da morte da heroína de Hamelt, no inverno do ano 1852. Millais colocou baixo a bañeira velas para a agua conservárase quente, pero nunha ocasión, embebido no seu traballo, as velas apagáronse e a auga quedou xiada lentamente. Lizzi non queixouse, polo que tras  o incidente enfermou gravemente parece que de neumonía, (aínda que algún estudiosos falan de tuberculose) o que a levou case á morte, incidente que aproveitou o seu pai, quen obrigou ao artista a pagar unha indemnización, e que levouna a pasar longas tempadas en balnearios acompañada por Rossetti.


                                                     Estudio para Ofelia de Millais.1852


 Tras a súa enfermidade, Lizzi alumna de Rossetti, escomenza a pintar e debuxar, e realiza diversas obras e mesmo un autorretrato, no que móstrase a si mesma non coma una beleza flotante, ao xeito de Rossetti, idealizada según os seus patróns e o cánon establecido polo grupo prerraphaelita, senon dun xeito real, de muller libre a quen Ruskin merca a partir do ano 1855 todos os debuxos realizados por ela por 150 libras ao ano, axudándoa tamén deste xeito a mercar os medicamentos que necesitaba para a súa precaria saúde. De feito Rossetti a debuxa en varias ocasión pintando ou debuxando o que reforza a súa relación de mestre-alumna, ata que no ano 1858, Lizzi enferma gravemente e ten que deixar de pintar.
 

                                    Lamento das donas na Balada de Sir Patrick Spens. 1856
 

sábado, 8 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte III)


PISTA 3: Nova Yorke. No ano 1923, decide marchar a Nova Yorke, que neses anos aínda non era a nova capital do mundo artístico, e non gañara a Europa a hexemonía no eido da creación, para traballar en sectores tan variados como a confección ou a contabilidade. Parece que a visita a un obradoiro de debuxo, foi o que determiñou a súa vocación como artista.
 
 
 Según as súas palabras: “Entón decateime de que aquilo era a miña vida”. Durante un tempo foi a clases de pintura e unha sorte de idealismo romántico, escomeza a formar parte da súa plástica, pois nas obras deses anos, sobre todo a finais da década de 1920, as súas pinturas de escenas domésticas e urbáns, son dun estilo pastoso, oscuro e expresionista.
 


 
Proposta do día: Lémbrache estas obras a outro creador ou creadora?
Como está configurado o espazo ao redor das figuras nas dúas obras?

viernes, 7 de diciembre de 2012

ELIZABETH SIDDALL (Parte III)


 Cabe citar tamén como importante a relación que o lirismo e a literatura tiveron na irmandade prerrafaelita, movemento no que a plástica e a literatura estiveron combinados, baixo as directrices estéticas de John Ruskin, que foi quen de estructurar a este grupo, debido sobre todo ao seu mecenazgo, e será quen axude económicamente a Lizzi, pois grazas aos seus encargos, permitelle pintar e debuxar, sen preocupacións pecuniarias.

 

          
                                     Hermana Helen, 1851, ilustración dun poema de Rossetti
 
 Porén, como outros movementos artísticos, o grupo mantén a misoxinia como una das súas características, na busca da muller que represente os seus ideais, da muller como obxecto de representación desde un punto de vista masculino. Elisabeth, non fuxe desa tradición de suxeito de representación pois comenza traballando para o grupo como modelo. Descuberta polo periodista Deverell, pasou á historia como Lizzy, alcume que xunto co nome de Guggums, déronlle os artistas da Hirmandade para a que escomenza a posar entre os anos 1849 e 1850. Cando esta beleza “gótica” acepta posar para eles coa su afronte centrada pola raia do peiteado, o naríz recta e pequeña poca e a barbilla voluptuosa, a vida de todo o grupa cambiou. Aínda así, como exemplo de muller independente, traballa como costureira ao mesmo tempo que posa como modelo, o que confírelle unha independencia inusual para a súa época.  Lizzi, que ten inquedanzas artísticas, pretende ser algo máis que un obxecto a representar, para converterse nunha artista, adiantándose así a outras mulleres artistas posteriores, qe posan tamén como modelo, como é o caso de Berthe Morisot, e que reivindican o seu rol de suxeitos activos na arte, e non de obxectos da ollada masculina. O seu papel de musa, aceptada por ela, non  exclúe a súa necesidade e ímpetu por crear, non só como pintora, senón como poetisa, en obras nas que reflíctese a súa anguria vital.



                                                                  Autorretrato.1853


jueves, 6 de diciembre de 2012

ELIZABETH SIDDALL (Parte II)


 
A busca do Santo Grial. 1854
 
 Adoptando as siglas P.R.B (Pre-Rafaelite Brotherhood) os componentes da irmandade prerrafaelita, se caracterizan por estar movidos tanto pola literatura como pola pintura e inicialmente foi formada por artistas masculinos como Dante-Gabriel Rosetti, John Everett Millais, Holman Hunt e Madox Brown, aos que posteriormente uniríanse Elisabeth Siddall (a quen Rosetti eliminou a última ele do apelido) e  William Morris, entre outros, máis será Rossetti, quen lidere o grupo, poeta ao mesmo tempo que pintor, polo que non é extraño que as primeiras manifestacións do grupo se vinculen tamén polo sendero do lirismo literario, algo que fará tamén Elizabeth.
 Os temas elexidos polos prerrafaelitas, son o sentimento relixioso, (se ben é verdade que unido a un erotismo moi evidente), o mundo medieval, (sobre todo ao relacionado co mito artúrico), así como o tema clásico, como pretexto para pintar una serie de retratos de enigmáticas mulleres, como as que Rosetti que realizou na década de 1860, "mujeres de belleza particular",  como sinalou Finaldi e que permitiron acuñar o térmo de "belleza prerrafaelita".


 
 Amantes escoitando música. 1853

 Os fundamentos artísticos dos prerrafaelitas, grupo ao que pertence estéticamente Elizabeth, céntranse no seu propósito de traballar en “temas serios” baseados no estudio e a fidelidade absoluta na natureza, a partir do uso da liña fina e dura que conforma as súas figuras, nas que o debuxo predomina sobre a cor, cunha precisión do detalle case fotográfica, e na ausencia do claroscuro, a textura lisa e a recorrencia a elementos simbólicos.
 Curiosamente a obra que mellor representa a esencia prerrafaelita, é “Ofelia morta” de Millais, para a que Elizabeth posou como modelo; obra na que a importancia dos fondos, o emprego das cores frías, e a postura da rapaza, quen abre a mirada ata os setos e flores da charca do fondo, foi algo inusual na pintura do momento, en canto ao tratamento minuciosos dos fondos, que xeralmente quedaban menos definidos, polo que esta obra é a icona, que mellor representa ao grupo.
 


                        Ofelia morta , de Millais, obra para a que Lizzi, posou  como modelo.