BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 26 de noviembre de 2012

MARY CASSAT (Parte III)

 De temática semellante que os seus homónimos masculinos, os seus temas evolucionan dentro dos límites do seu sexo e da súa clase social. Porén, Cassat, aplica unha ollada disinta para plasmar os xestos e rituais a través dos que tomaba significado a feminidade: facer punto, o coidado dos nenos e nenas. Aínda así, esta artista representa á muller en actitude cultivarse, pois a retrata lendo. Os ritos  privados, como o aseo ou mirarse no espello están tratados cunha ollada singular, xa que nalgúns casos a muller e tamén unha “voyeur”.Debido a que móvese nun círculo artístico onde a muller non ten as mesmas oportunidades, a súa temática e moito máis reducida que o resto dos seus colegas impresionistas.
 A década de 1890 foi a súa época máis creativa e expoñe con regularidade en galerías de Nova Yorke, servindo  de modelo as artistas novas  norteamericanas ás que aconsellaba nas súas carreras. En 1891 exhibiu unha serie de pinturas entre as que atopábanse “Muller tomando un baño” e “O salón de beleza”, cadros inspirados na arte xaponesa que foran exhibidos en París no ano anterior. No comenzó do século XX, traballa como asesora de varios coleccionistas de arte. Nunca casou, pois consideraba o matrimonio incompatible coa súa tarefa como artista.


 
Nai e fillo.1888
 
 
    
                                                 A carta.1891
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario