A partir do ano 1872, Mary Cassat acada un estilo moito máis persoal, grazas ao estudio dos grandes mestres en diversos museos europeos. Aceptada para expoñer no salón de París, a súa obra é duramente criticada, polo que a artista queixase da dureza do medio coas mulleres artistas e a dificultade delas para integrarse no mundo artístico. Admiradora da obra de Degas, é invitada por este a participar nas mostras dos impresionistas, cos que expoñe en varias ocasións ata o año 1886, pero aos que deixa porque xa no se sente identificada coa súa proposta estética, aínda que conserva a súa amizade con Morisot e Degas.
Na ópera. 1879
Inspírase nas súas composicións en Degas, porén, o seu temperamento optimista a leva ata Renoir, sobre todo na pincelada, cun influxo evidente en obras como “Moza cosendo”, de 1886. O tema máis recurrente na artista americana é o da Maternidade, que expoñe sen sentimentalismos, acadando nelas expresión de vida e saúde, co uso da técnica de pastel, que emprega dun xeito expresivo.
Moza cosendo. 1886
No hay comentarios:
Publicar un comentario