BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 16 de noviembre de 2012

EXPOSICIÓN DE JAVIER PENA

Na sala de exposicións do BBVA, na rúa García Barbón, expón as súas últimas series:"Deconstruccións" e "Construccións" o arquitecto e pintor Javier Pena. Na serie "Deconstruccións",analiza o proceso da forma-icono a partir da acción invasora do fondo do que só sobreviven as estructuras máis resistentes. Así invírtese o proceso da pintura: é o fondo o que determina a forma. En "Construccións" a outra serie que podemos contemplar na mostra,a última proposta do artista ata o momento, ponse en valor os refugallos procedentes do corte dos taboeiros, aos que transforma en materia pictórica. A madeira e así, mostrada coas súas texturas e sombras, sen manipulacións, nunha serie na que o espazo baleiro forma parte da estructura do cadro, abríndo ese espazo e configurando unha "ópera aperta", ao deixar ao espectador ver o que se atopa detrás do cadro.Obra metódica e de proceso disciplinado, nesta serie o artista xoga co aire, co baleiro e co cheo en obras de gran formato. A mostra estará ata finais de novembro, non vola perdades.
Obra da serie DECONSTRUCCIÓNS
Obra da serie CONSTRUCCIÓNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario