No interese por atopar a súa propia realidade, Arbus
é libre, rebelde, intelixente, e segura da súa filosofía de vida pero terriblemente
insegura con respecto a súa propia valía como fotógrafa. Será a súa relación
coa fotógrafa Lissette Model, coa que estuda
fotografía durante os anos que van desde 1955 á 1957, a que a afiance no seu
interese por buscar un mundo fantástico e irreal dentro da sociedad “normal”. E
quen tamén a avise dos perigos que supón ser unha muller artista e
independente. "Tamén me advertiu- di Arbus- que
me sentiría culpable por ser muller, culpable porque nunca crin que podería
chegar a comprender a mecánica da cámara".
Triplets in their bedroom. 1963
Decidiu actuar na vida sen regras sociais, morais ou artísticas e
encontrouno quitando a máscara que a xente se pon para parecer o que non é, por
iso retrata os seus personaxes mostrándoos tal e como son. "Quero
fotografar o que é maligno", dixo nunha ocasión. Esa necesidade de
fotografar o que ninguén antes sacara á luz, aos freaks, provén do visionado da película de Tod Browning,
Freaks. Diane entende entón que os monstros non son imaxinarios,
senón reais, que aquilo que lle prohibiran mirar na súa infancia e xuventude,
todo o que non era "normal" aparecía ante os seus ollos como algo
probable e tanxible.
S/T. 1970-1971
No hay comentarios:
Publicar un comentario