BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 22 de noviembre de 2012

CAMILLE CLAUDEL (Parte IV)


 Nos últimos anos antes de ser pechada para sempre, consegue poucos encargos, e as últimas adquisicións das súas obras polo Estado desde o ano 1905 até o 1907 chegan demasiado tarde, aínda que  consegue facer unha exposición individual que acada moito éxito. Un día, tres homes botan a porta da súa casa abaixo e colócanlle unha camisa de forza, para por orde da súa familia, ingresala nun sanatorio psiquiátrico próximo a París, onde lle negan a posibilidade de esculpir. Pouco coñecemos dos seus anos de internamento, tráxicos, se temos en conta as cartas desesperadas que envía a súa familia, pedíndolles que a deixen volver a casa para poder seguir traballando  como escultora.
 
                                            Sakountala (1886-1905)

 O silenzo sospeitoso que rodea a súa vida desde o seu internamento con 49 anos ata a súa norte, converten a Camille nunha vítima sacrificada no altar do poder burgués e as súas convencións. De feito, incluso os seus restos mortais desaparecerán, e cando tras a morte do seu irmán Paul a súa familia tenta dar a Camille “unha sepultura máis digna como gran artista que era”, teñen transcorridos polo menos doce anos e a tumba desaparecera. De Camille non quedan máis pegadas que as deixadas pola escasa obra conservada e as súas peticións de axuda a súa nai e irmán, nas numerosas cartas enviadas, nas que repite sempre o mesmo desexo, nunca concedido.

 “Deus! Coma quixera estar en Villeneuve!”

“O meu soño sería volver deseguida a Villeneuve”...
 

                                                              Valseurs (1889-1905)

http://es.wikipedia.org/wiki/Camille_Claudel
http://www.camilleclaudel.asso.fr/
http://mujeres-riot.webcindario.com/Camille_Claudel.htm


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario