BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 21 de noviembre de 2012

CAMILLE CLAUDEL (Parte III)


 A orixinalidade  dos  seus temas radica na relación destes coa  vida na interpretación do real, en temas tomados directamenta do cotiá e das impresións físicas ou sentimentais, no que existe un forte intelectualismo. Cando realiza a súa obra Clotho, é a súa propia vellez a que explica no tratamento da materia, na fisionomía  da figura; sabe sacar das dificultades técnicas solucións perfectas e fai unha interrogación sobre o destino humano, que mostra a decrepitude da vellez. Asimesmo na obra Sakuntala, da que fixo sete versións, trata de distanciarse do mestre Rodín, ao escoller un tema literario, e  realiza unha obra na que os personaxes están animados por unha enerxía poderosa. De feito o seu poder de creación é tan forte, que cando non pusúe diñeiro, esculpe directamente sen presenza de modelos, demostrando así a agudeza da súa mirada. A partir de 1905, Camille traballa con xesos, pois non pode pagar materiasis máis caros, pero segue creando até o seu internamento, pois no se obradoiro se atoparon obras inacabadas.
 
                         
                                                         Clotho (1893-1897)
 
 Camille non foi unha enferma mental, senón unha muller de familia conservadora e tradicional, a quen a sociedade mira con indiferenza e volve as costas cando  cae. A artista posúe conciencia de creadora, do seu papel na sociedade e da dificultade para manterse en pé, e tamén do afastamento  da artista a quen se quere facer suar sangue. É consciente da excentricidade do seu xeito de vivir, soa, sen un home ao seu carón, independente na creación e posuidora dun estilo propio, levando a cabo todas as tarefas, tallar a a pedra e pulir, grazas a unha obstinada vontade como creadora.
 
 
                                       L' implorante (1893-1897)

No hay comentarios:

Publicar un comentario