BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 20 de noviembre de 2012

CAMILLE CLAUDEL (Parte II)


 A súa traxectoria vital verase ateigada de acontecementos negativos, a partir sobre todo do seu afastamento de Rodín, de quen pasa  a ser nun primeiro momento alumna aventaxada, a unha a perigosa competidora, cunha intensidade nos temas que empequeñecen a figura do mestre, de quen foi tamén amante durante algún tempo. Diversos estudos fan comparanza  entre a obra dos dous creadores, que están tan preto que non se sabe ben cal é a obra do mestre Rodín e cal a da alumna, ou ben se se copiaron entre  eles. O que si é certo  e que tras a súa ruptura, Camille traballa nunha serie de obras, como A idade madura, que exponen a súavida privada e que Rodin teme que o  público a compare coa súa relación. Armand Silvestre, afirma nun informe a propósito desta obra: “O home ao fin da súa madurez, vertixinosamente arrastrado pola idade mentres tende inútilmente unha man á xuventude que quere seguilo en van”.

                             A idade madura. 1894
 
 Parece que a súa necesidade de independencia pode incluso rastrearse na diferenza entre dúas obras paradigmáticas e exemplificadoras das obras dos dous artistas. Se na obra de Rodín, “O bico”, o artista fai xurdir o acto físico, Camille no grupo “Vertumme e Pomone” (chamada tamén O abandono) reflicte unha relación,unha vontade de entrega, no corpo da muller que é máis espiritual que corporal.

 Como retratista Camille, manexa a materia con enerxía, facendo mostrar os músculos eo relevo dos rostros, cun realismo patente,buscando a personalidade e o carácter dos retratados. Esixente e magnífica debuxante, ten unha forza e imaxinación e máis unha vontade fóra de toda norma social. Cando no obradoiro, os modelos se rebelan, ela, é quen de comezar de novo unha obra, co obxecto de non unir un brazo dun modelo ao lombo doutro, demostrando así que posúe unha  forte conciencia dos seus dereitos e dos seus deberes como artista.
 

                                           Florence Jeans. 1886
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario